As "concelleiras" en lenzaría que lle ofreceron ao alcalde de Ourense (VÍDEO)
O vídeo, filmado nas festas do barrio da Cuña, ten como coprotagonista involutario a Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, e a un grupo de mulleres lixeiras de vestimenta. Xuventudes Socialistas critica a actitude do edil, quen -en declaracións a Galiciapress- critica á oposición por "ensuciar" a campaña.
O vídeo, filmado nas festas do barrio da Cuña, ten como coprotagonista involutario a Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, e a un grupo de mulleres lixeiras de vestimenta. Xuventudes Socialistas critica a actitude do edil, quen -en declaracións a Galiciapress- critica á oposición por "ensuciar" a campaña.
O alcalde Jesús Vázquez no escenario xunto ás mulleres
As campañas electorais son fonte inesgotable de curiosas imaxes. Algunhas para o recordo; outras para o esquecemento. Nas festas do barrio da Cuña, en Ourense, viviuse un momento que para algúns pertence á segunda categoría, co alcalde de Ourense como coprotagonista involutario ao verse sorprendido sobre o escenario por un un grupo de mulleres en lenzaría.
"A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, URBANISMO..."
O mandatario ourensán e candidato polo Partido Popular a revalidar a alcaldía, Jesús Vázquez, estivo presente nos festexos do barrio ourensán. Durante a celebración, o rexedor ourensán subiu ao escenario xunto a un extrovertido mestre de cerimonias e que charla co alcalde de forma amigable micrófono en man. “Cantos concelleiros tes hoxe? Dez, non?”, pregúntalle a Jesús Vázquez, que responde afirmativamente.
“Pois che vou a regalar agora mesmo sete, sen haber eleccións nin nada. Onde están as sete concelleiras?”, di o presentador, ao que algunhas fontes locais identifican como un dos coorganizadores do evento. A continuación, aparecen en escena un grupo de mulleres, todas elas en culote e camiseta -ao parecer integrantes da orquestra portuguesa ‘Funçao Publika’ que actuou no barrio o día 11 de maio- ás que o presentador anuncia como as concelleiras de “cultura, medio ambiente, familia, educación, urbanismo…”.
Nese momento, o vídeo córtase e en ningunha das versións publicadas pódese ver que ocorreu despois e cal foi a reacción do rexedor local.
VERSIÓN OFICIAL
Galiciapress contactou coa portavocía oficial do consistorio ourensán para coñecer a súa versión dos feitos e informar de como respondeu o alcalde. “Creo que ninguén me pode reprochar que non trate a todo o mundo con educación e respecto. Oxalá a oposición tivese educación e respecto e non utilizar un tema como este para ensuciar a campaña”, declarou o rexedor para Galiciapress.
INDIGNACIÓN EN REDES
O certo é que o vídeo acendeu as redes sociais e espertou a indignación de moitos usuarios, que xulgan que a reacción do alcalde non estivo á altura, xa que as imaxes “cosifican á muller” e consideran un espectáculo “rancio, machista e detestable”. Ademais, afean que o rexedor non desautorizase ao presentador e abandonase o escenario.
“COMÉNTASE QUE O ALCALDE CAMBIOU DE TEMA”
Consultados por este medio, desde o perfil de Xuventudes Socialistas, que reproduciron o vídeo na súa conta de Twitter, indicaron que parece ser que a reacción do alcalde foi obviar o que estaba a ocorrer no escenario. “Coméntase que o alcalde cambiou de tema”, expoñen desde Xuventudes Socialistas.
Do mesmo xeito, móstranse críticos co ocorrido e denuncian a actuación do goberno local sumándose “a unha denuncia colectiva que se estaba xerando contorna o vídeo publicado en redes por un perfil local”. “O simple feito de ver xa só á primeira "concelleira" o alcalde debería paralizar dita actuación denigrante. E o silencio da corporación é cómplice da mala resposta do alcalde”, lamentan os socialistas.
Do mesmo xeito, entenden que a actitude supón un “claro exemplo” de compromiso do goberno municipal “co feminismo, que brilla pola súa ausencia, cunha concelleira de igualdade que supuxo unha parálise nesta materia durante estes catro anos”.
Escribe o teu comentario