A galega Calviño aspira a seguir de ministra de Economía e presidenta do BERD
Calviño realizou “intensas xestións” a nivel persoal para que conseguir ser a presidenta do Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento (BERD).
Despois da vitoria socialista nas eleccións, e ás espera da negociación para a investidura de Pedro Sánchez, hai moitos ministros que están á espera de saber o seu destino. Se repiten ou, se pola contra, quedarán fóra do novo Goberno.
Desde Ferraz, tal e como apunta a ‘Confidencial Dixital’, haberá cambio. Nadia Calviño transmitiría aos seus que quere seguir á fronte da carteira para “impulsar a Axenda do Cambio”.
Tras coñecerse a candidatura de Josep Borrell á Comisión Europea, Calviño púxose en marcha, pois en principio entrou no Goberno para acabar sendo comisaria da UE e, coa candidatura de Borrell, pecháronselle moitas portas.
XESTIÓNS PARA SER A NOVA PRESIDENTA DO BERD
Segundo o medio citado anteriormente, a ministra de Economía realizou “intensas xestións” a nivel persoal para que conseguir ser a presidenta do Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento (BERD).
O nomeamento está vinculado ao cargo, é dicir, é necesario dirixir ao mesmo tempo o ministerio de Economía de España. Se Calviño non repite no Executivo, outra persoa deberase facer cargo do posto.
Escribe o teu comentario