Alguén queimou adrede as termas de Ourense, apuntan os expertos da Policía

A investigación aberta pola Policía Nacional en relación o incendio que calcinou as instalacións de madeira das termas da Chavasqueira en Ourense apunta a un lume intencionado.

|

Quen pode ter interese en calcinar un dos principais atractivos turísticos da cidade? Isto é o que se preguntan hoxe sorprendidos os ourensáns ao enterarse que, contrariamente ao que viña pensando, o lume que rapidamente arrasou as termas da Chavasqueira unha noite non foi fortuíto.


A investigación aberta pola Policía Nacional en relación o incendio que calcinou as instalacións de madeira das termas da Chavasqueira en Ourense apunta a un lume intencionado.


Cans especialistas en incendios chegados de Madrid inspeccionan as instalacións queimadas na Chavasqueira


Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que sinalaron que os investigadores proseguen coas pescudas para identificar e deter ao presunto autor dos feitos.

A Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional continúa coa análise das probas e indicios solicitados para elaborar o informe sobre as causas do incendio que o pasado mércores 24 de abril calcinou as instalacións de madeira nas termas da Chavasqueira.

Este luns cans especialistas en incendios procedentes da Unidade de Guías Caninos chegados de Madrid inspeccionaron as instalacións termais queimadas polo lume do pasado 24 de abril.

A Policía Nacional de Ourense contou tamén nesta investigación coa colaboración de compañeiros da Policía Científica procedentes de Madrid.

Deste xeito, a Policía Nacional segue traballando para elaborar o informe definitivo sobre as causas do incendio que na madrugada do pasado mércores 24 de abril calcinou as instalacións de madeira nas termas da Chavasqueira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE