Falece unha parella de mozos nun accidente de tráfico na Pobra do Caramiñal

Unha colisión entre dous vehículos ocorrida pasadas as seis e media da tarde obrigou a cortar a estrada entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal, na provincia da Coruña, nos dous sentidos de circulación.

|

A colisión entre dous vehículos ocorrida pasadas as seis e media da tarde obrigou a cortar a estrada entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal, na provincia da Coruña, nos dous sentidos de circulación.


WhatsApp Image 2019 05 04 at 19.25.40


Nun principio a información facilitada pola Policía Local de Ribeira en torno ao sinistro producido na AC-305, á altura de Palmeira, na localidade da Pobra, sinalaba que había  feridos, sen concretar a gravidade. Máis tarde, confirmouse o falecemento dos dous ocupentas dun dos vehiculos, unha parella de mozos, e o traslado grave ao Hospital de Santiago da muller que conducía o outro turismo.


Ata o lugar, desprazáronse efectivos da Policía Local de ambas as localidades, os bombeiros, que tiveron que proceder á excarceración dun dos ocupantes dun dos vehículos, así como efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.


O corte de tráfico afecta ás dúas direccións da estrada e está a provocar importantes retencións na circulación, ao tratarse dunha zona próxima ás praias, segundo sinalou a Policía Local.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE