A tecnoloxía e os gamers teñen unha cita no ‘Technium R Encounter’
O evento, vinculado coa rede de ‘Encounters’ de Euskaltel, terá un acceso a internet dez veces máis rápido que na anterior edición grazas á empresa de telecomunicacións.
O evento, vinculado coa rede de ‘Encounters’ de Euskaltel, terá un acceso a internet dez veces máis rápido que na anterior edición grazas á empresa de telecomunicacións.
Os gamers e amantes da tecnoloxía de Galicia e España xa teñen plan para a semana do 3 de maio. De venres ao domingo 5 preto de 500 participantes gozarán dunha nova edición da ‘Technium R Encounter’. Nesta sétima celebración, que terá lugar en Expourense, os asistentes poderán gozar dunha velocidade de conexión a internet dez veces maior que na pasada edición, grazas a Euskaltel, a empresa de telecomunicacións que sustenta o evento.
A cita, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, de ‘R’ e de Expourense, terá como novidade ‘Extranet’, unha nova zona aberta ao público, gratuíta e de acceso libre, que contará con todo o necesario para coñecer de primeira man o último no mundo da tecnoloxía, como as impresións 3D ou a realidade virtual.
“Esta lan party mantén a súa aposta por crear un punto de encontro para os amantes das novas tecnoloxías. Os participantes poderán tomar parte en torneos competitivos de eSport, e en competicións de arte dixital, hardware, ou software libre, entre moitas outras actividades lúdicas e formativas”, informan desde a organización.
ACTIVIDADES
Ao longo dos tres días os asistentes poderán participar en multitude de torneos de esorts, con partidas de League of Legends, Counter Strike, Hearthstone, Overwatch, FIFA19, Super Smash Bros, Dragon Ball FighterZ, Just Dance, Old School Games e xadrez, ademais de actividades formativas, como talleres e conferencias sobre temas de actualidade relacionados coas novas tecnoloxías ou espazos para os máis pequenos.
Doutra banda, tamén hai espazo para a acción ‘Crea R’. “Nos talleres, nenos e nenas aprenderán a programar para crear unha cidade prototipo, mentres os adultos resolverán dúbidas e recibirán consellos sobre o bo uso das novas tecnoloxías da man dun pedagogo”, sinala a organización do evento, que outro ano máis contará coas actividades do proxecto ‘Hana Hamsternauta’.
REDE ‘ENCOUNTERS’
Desde a anterior edición, Technium R Encounter está vinculada á rede de 'Encounters' de Euskaltel, nada hai 25 anos en Euskadi e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter. A nivel galego, o evento ourensán é o segundo que incorpora a denominación “Encounter” despois do a ‘XGN R Encounter’ de Silleda.
ENTRADAS E PREZOS
A entrada ao evento permite o acceso a un espazo propio con conexión á rede eléctrica e a internet, ademais das zonas de acampada habilitadas pola organización. Os prezos van desde 10 euros para as entradas dun día ata os 32, para aqueles que queiran gozar de toda a lan party.
Escribe o teu comentario