A esquerda podería gobernar a cidade de Ourense se repite os resultados das xerais nas locais
Desastre para o PP e En Marea, a confluencia sendo superada mesmo polo PACMA O aumento da participación na cidade de Ourense, do 68% ao 74%, veu acompañado dun envorco electoral.
Desastre para o PP e En Marea, a confluencia sendo superada mesmo polo PACMA
O aumento da participación na cidade de Ourense, do 68% ao 74%, veu acompañado dun envorco electoral. Enorme fracaso do PP. Se en 2016 o partido liderado por Mariano Rajoy lograba o 40% dos votos, agora se desmorona ata o 24%.
Martina Ortega valora os resultados
Isto permite aos socialistas ser os máis votados, pasando do 24 ao 36 por cento. Cidadáns segue en terceira posición, con 8.700 votos e un 13%. En Común supera o 11% dos votos e dobra ao quinto, Vox, que irrompe con algo máis do 5,6%. O BNG queda por baixo do 4% e por tanto moi afastado de arancar un escano. Peor aínda para En Marea, superado polo PACMA (684 votos fronte a 650).
Aínda que os resultados nas locais poden cambiar moito, os votos do 28A apuntan a un posible cambio de goberno na cidade. PSOE e En Común suman un 47%, máis os votos do BNG, debesen ser suficiente para que gobernen as esquerdas. Debesen, porque na capital das Burgas presentaranse varias mareas e Cidadáns contará cun candidato moi coñecido, o ex-teniende de alcalde do PP. Ademais, nas xerais non se presentou Democracia Ourensá, segunda forza mais votada no actual consistorio.
👉📺Mariña Ortega (@Mariña_Ortega_) será congresista pola provincia de #Ourense
— PSdeG-PSOE de Ourense /♥️ (@PSdeGdeOurense) 28 de abril de 2019
🎙"Facer fincapé que este resultado e froito dun traballo que ante a crispación ofreceu propostas, traballo e máis traballo". pic.twitter.com/0kZcfqh1yq
Escribe o teu comentario