O Goberno reduce os impostos do do pan no último "venres social"

Ademais, o Executivo aprobou a compatibilidade total entre a pensión por xubilación e a actividade creadora dos artistas, unha medida reclamada polo sector.


|

O Executivo pasará a estar en funcións despois do #28A. No último Consello de Ministros profundou no seu plan de "venres sociais", rebaixando o IVE de moitos tipo de pan e permitindo aos artistas creadores cobrar dereitos de autor á vez que as súas pensións.


Por unha banda, aprobouse un Real Decreto que establece as normas básicas de calidade para a elaboración e que permite aplicar o IVE reducido do 4% a outros pans como os integrais, os de cereais distintos ao trigo e os elaborados con salvado.


Isabel celau00e1 imaxe goberno 28A


"Esta norma chega para tratar de mellorar a información que ten o consumidor porque o pan é un alimento fundamental na cesta da compra dos españois", explicou a portavoz do Goberno, Isabel Celaá, onde sinalou que esta normativa comporta un "importante efecto" na fiscalidade destes produtos.


Así, entre as novidades introdúcese unha nova definición do 'pan común', que inclúe pans elaborados con outro tipo de fariñas distintas á do trigo, permitindo así o uso de fariñas integrais, doutros cereais, pero ademais, incluirá produtos máis beneficiosos para a saúde, demandados polo consumidor moderno. Desta forma e grazas á ampliación da definición de 'pan común', rebaixarase do 10% ao 4% o tipo de IVE reducido a máis tipos de pans.


A PENSIÓN DOS ARTISTAS


Ademais, tamén se deu luz verde a outro Real Decreto polo que se regula a compatibilidade da pensión contributiva de xubilación e a actividade de creación artística, unha medida da que o Goberno estima poderanse beneficiar máis de 1.300 persoas.


Isabel Celaá lembrou que se trata de "unha demanda longamente sostida no tempo" polos creadores que "queren, lexitimamente, manter a compatibilidade co sistema de pensións".


Con esta regulación, os beneficiarios manterán "para todos os efectos" a súa condición de pensionistas, compatibilizando cos dereitos de autor. "Damos resposta á necesidade de calquera sociedade de manter e incrementar o capital cultural achegado por quen se dedicou ou seguen dedicados á actividade artística", aseverou.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE