R venderase en toda España da man de Mediamarkt
R Cable, a marca galega do grupo Euskaltel, estará dispoñible máis aló das fronteiras galegas. Farao a través dun contrato en exclusiva con MediaMarkt que empezará este verán e prevé chegar a 87 centros en setembro.
R Cable, a marca galega do grupo Euskaltel, estará dispoñible máis aló das fronteiras galegas. Farao a través dun contrato en exclusiva con MediaMarkt que empezará este verán e prevé chegar a 87 centros en setembro.
Así o anunciaron hoxe a operadora e a cadea alemá. O acordo inclúe ofertar non só telefonía, senón tamén 80 canles de televisión e contidos, Netflix incluído.
A operación comezará en 15 tendas en xuño e irá expandíndose. "Confiamos na capacidade de chegada de MediaMarkt a todo o mercado español, e que a posibilidade de acceder á nosa oferta de produtos e servizos permitiranos conseguir unha notable carteira de novos clientes", declarou tras a rúbrica Francisco Arteche, CEO do Grupo Euskaltel.
Alberto Álvarez, CEO de MediaMarkt, dixo estar "encantados desta alianza con Euskaltel por todas as oportunidades que lles achega ás persoas que elixen MediaMarkt para adquirir novas tecnoloxías".
ZEGONA PREFERÍA A MARCA VIRGIN
O grupo vasco xa anunciara a expansión da marca R a León. Agora aposta por levala máis aló, aproveitando a boa imaxe que ten a marca desenvolta en Galicia e que adquiriu hai uns anos. Deste xeito, Euskaltel se convetirá nun operador accesible en todo o territorio estatal. Unha decisión que non gustará a uns dos seus accionistas de referencia, o fondo internacional Zegona, que quería a expansión, pero usando a marca británica Virgin.
Así mesmo, o acordo contempla outras posibilidades de colaboración como unha canle especializada para empresas, un plan específico para os usuarios de iPhone e vantaxes exclusivas para os clientes do Grupo Euskaltel e o Club MediaMarkt. Para dar servizo aos seus novos usuarios, o operador contará coa cobertura de Orange para a súa rede de fibra, que lle proporciona un potencial para chegar a ata dez millóns de fogares en toda España.
Escribe o teu comentario