A CUT denuncia o aumento de baixas médicas pola crecente “carga de traballo” en PSA Citroen
O sindicato anuncia unha manifestación e concentracións ante a factoría o vindeiro venres 26 de abril.
O sindicato anuncia unha manifestación e concentracións ante a factoría o vindeiro venres 26 de abril.
O sindicato CUT denunciou mediante un comunicado o inicio dunha campaña na que denuncia as “cargas de traballo existentes na actualidade no Sistema 2”. É nesa liña onde se están fabricando os modelos da furgoneta Citroen K9. A campaña de denuncia, enfocada na Saúde Laboral, estenderase o que queda de abril.
AUMENTO DE BAIXAS
Por esta crecente carga de traballo, o sindicato pon de relevo os “anos de retrocesos”, recalcando que sufriron pasos atrás tanto en “materia laboral” como “social, económico e, no máis alarmante, a saúde laboral”.
“O aumento exponencial do absentismo laboral derivado de incapacidades temporais por enfermidade, moitas delas non recoñecidas como profesionais, e un incremento na porcentaxe non só de trastornos musculo-esqueléticos, provocados polo abuso de cargas de traballo, senón do alarmante aumento de enfermidades de orixe psicosocial”, denuncia o sindicato, sinalando que se deron caso de “tramitacións de invalidez total e absoluta de orixe común”.
“A imposibilidade de realizar o traballo pon de manifesto unha falta de sensibilidade e empatía da dirección coa persoas traballadoras”, lamenta o comunicado da CUT, criticando que aos traballadores que non poden realizar o traballo que se lles esixe “oférteselles invalidez ou, como no anterior ERE, abandonar o centro cunha compensación económica”, algo ao que accedían os traballadores “por desesperación”.
CONCENTRACIÓN
Por estes motivos, a CUT organizou unha concentración para este venres 26 de abril ante a factoría, que terá lugar de 13 a 14:15 hora, e unha posterior manifestación a partir das 14:15 ata as 15 horas.
Ademais, as protestas estarán compartidas xunto con CXT Limpeza e CIG CLECE, empresa que xestiona a limpeza de residuos do centro “ante a insalubridad da fábrica motivada polos continuos recortes na xestión desta empresa”.
Escribe o teu comentario