Unicamente o 5% dos emigrantes galegos solicitou o voto por correo
Do total dos 458.180 galegos da diáspora, rexistrados no censo de residentes ausentes --aqueles emigrantes que viven fóra de España ou os seus descendentes con nacionalidade española--, só 22.228 solicitaron o voto para as eleccións xerais do próximo domingo.
Do total dos 458.180 galegos da diáspora, rexistrados no censo de residentes ausentes (aqueles emigrantes que viven fóra de España ou os seus descendentes con nacionalidade española, só 22.228 solicitaron o voto para as eleccións xerais do próximo domingo.
Isto significa que apenas o 4,85% das persoas que podían exercer este dereito decidiu finalmente pedir as papeletas. Así o reflicte os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) unha vez pechado o prazo para solicitar o voto e a falta dun día para que se peche o praza para emitir o voto por correo.
A pesar desta porcentaxe tan baixa, supón un aumento con respecto ás eleccións anteriores. Nas de xuño de 2016, os residentes ausentes que pediron o voto por correo caeron a 20.082, mentres que nas de decembro do ano anterior rexistráronse 22.553 peticións.
A nivel de provincias, os electores coruñeses son os que máis solicitudes realizaron, con 8.204 e un total de 158.530. Séguelle Pontevedra, con 6.917 electores que solicitaron votar dos 132.273 posibles, mentres Ourense con 4.349 e Lugo con 2.758 solicitudes pechan a lista.
Escribe o teu comentario