O grupo de Faro e La Opinión compra Zeta, pendente do ok de Competencia

Prensa Ibérica anunciou a culminación da compra de Zeta ao asinar o contrato de compravenda, poñendo fin a unha "longa negociación".


|

O Grupo Moll, que en Galicia edita Faro de Vigo e  La Opinión de A Coruña, convértese nun dos principais actores da información escrita a nivel estatal ao adquirir a editora de  El Periódico de Catalunya e Sport, entre outras cabeceiras; aínda que a operación está pediente do visto e prace do órgano supervisor da competencia


O presidente de Prensa Ibérica, Javier Moll, chegou este xoves a un acordo co presidente do Grupo Zeta para a adquisición do grupo de comunicación editor de 'El Periódico de Catalunya' e o diario deportivo 'Sport'.


O periódico portal


A través dunha nota de prensa, Prensa Ibérica anunciou a culminación da compra de Zeta ao asinar o contrato de compravenda, poñendo fin a unha "longa negociación".


Segundo sinalan desde Prensa Ibérica, a incorporación dos medios do Grupo Zeta permite á empresa superar os 2,25 millóns de lectores diarios en papel e rozar os 300.000 exemplares diarios.



Faro de Vigo, Chapela, Redondela


Os medios do grupo alcanzan os 25 millóns de usuarios únicos e os 525 millóns de páxinas vistas ao mes en dixital, segundo Comscore.


Prensa Ibérica, que contaba ata agora cunha rede de dezasete periódicos rexionais e locais. Con todo, a operación está todavía supeditada á autorización da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. De completarse, supoñería ademais a incorporación a Prensa Ibérica de doce revistas especializadas: 'Woman', 'Cuore', 'Rumore', 'Viajar', 'Stilo', 'Autohebdo Sport', 'Port', 'Digital Camera', 'Cartoon Network', 'Disney Channel', 'Neox Kidz' e 'Like!'.


A adquisición do Grupo Zeta permite a Prensa Ibérica estender o seu negocio a Estremadura e Aragón, dúas comunidades nas que non tiña presenza, e supón un reforzo do seu posicionamento en Catalunya e na Comunidade Valenciana.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE