Miriam Rodríguez vive ‘Sen Medo’

A artista galega presentou fai escasos o videoclip dun dos seus temas insignia, ‘Mellor Sen Medo’, que xa acumula miles de reproducións.


|

A artista galega presentou fai escasos o videoclip dun dos seus temas insignia, ‘Mellor Sen Medo’, que xa acumula miles de reproducións.


Miriam rodriguez ablo lopez


A vida de Miriam Rodríguez cambiou en moi pouco tempo, e para afrontar un cambio tan brusco a galega optou por facelo con toda a valentía da que puido botar man. Así parece que o reflicte na letra de ‘Mellor Sen Medo’, o último tema da artista de Pontedeume e cuxo videoclip, estreado o pasado 18 de abril, xa acumula máis de 350.000 reproducións.


O tema, pertencente ao seu álbum debut ‘ Cicatrices’ co que gañou un Disco de Ouro, é un dos máis reproducidos da cantante galega, que segue de xira neste 2019 que a levará a cruzar España de punta a punta coa súa ‘Tour Contigo’. En Galicia poderemos gozar dela esteverano, os días 28 e 29 de xullo en Vigo (Tatro Afundación) e A Coruña (Palacio da Ópera) respectivamente.



Miriam tivo un ano moi completo. Tivo que compaxinar a súa xira co seu traballo no concurso televisivo ‘ A Voz’, onde formou parte do equipo de Pablo López (co que se lle relacionou ultimamente) e co que compartiu escenario para cantar a dúo o tema ‘Non!’, sen dúbida un dos momentos máis emocionantes e máis comentados da edición. Ademais, Andrés Martín, gañador do concurso, pertencía ao equipo de Pablo e Miriam, polo que queda clara a química do tándem que forman o andaluz e a galega.


Do mesmo xeito, Miriam tamén interveu na serie ‘ Cara a cara’, serie que tamén utilizou temas da de Pontedeume para os anuncios promocionais. Sen dúbida leste está a ser un ano inesquecible para a ex concursante de Operación Triunfo, onde se alzou coa terceira praza. E o segredo está en que ela afronta todo ‘Sen Medo’. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE