Fundación de pallasos para nenos hospitalizados condenada por despedimento ilegal, di sindicato
A Fundación Theodora fai un gran labor social, entre outras cousas organizando visitas de pallasos -coñecidos como "Doutores Sorrisos"- a nenos hospitalizados. Agora ben, acaba de ser condenada por despedimento improcedente ao ter un dos seus artistas durante anos traballando como autónomo irregularmente, segundo indica a CIG.

Imaxe de arquivo dunha actuación de Doutor Sorrisos | Fundación Inocente Inocente
O sindicato nacionalista asegura que unha nova sentenza obriga á Fundación para indemnizar a unha traballadora, que interpretaba a “Doutora Sorriso Kateterina”, por despedimento improcedente. O xulgado recoñece á artista o carácter de traballadora fixa-descontinua entre 2003 e 2016.
A CIG alerta que este a miúdo tipo de Ong, financiadas con resursos públicos e doazóns particulares, actúan como calquera empresa privada no laboral. De Theodora din que recorre frecuentemente a despedimentos disciplinarios e que en teste caso o motivo foi que a traballadora reclamou os seus dereitos.
Theodora non valorou publicamente a sentenza por agora.
Escribe o teu comentario