Un morto e un ferido ao chocar contra un muro
O acompañante, ferido de consideración, tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Morrazo
Un home de 38 anos faleceu este domingo tras saírse da vía co vehículo no que viaxaba e chocar contra un muro na baixada á praia de Aguete no concello pontevedrés de Marín.
Segundo informou a Garda Civil de Pontevedra, o suceso ocorreu ao redor das 16,30 horas, cando un Citroën-Xsara chocou contra un muro e un poste da luz en Marín.
Así mesmo, fontes do 112 Galicia informaron a Europa Press que foron varios as persoas que chamaron alertando do ocorrido, sinalando que había dúas persoas feridas atrapadas dentro do vehículo.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informaron os servizos sanitarios de emerxencias, aos Bombeiros do Morrazo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos Bombeiros de Pontevedra, que a pesar de acudir ao lugar non tiveron que intervir.
Unha vez finalizada a intervención, os Bombeiros do Morrazo confirmaron que tiveron que excarcerar a dúas persoas do vehículo, o condutor, que resultou falecido, e o acompañante, que foi trasladado a un centro sanitario por estar ferido de "consideración".
Escribe o teu comentario