‘Liberdade, igualdade e xustiza’ o Día dás Letras Galegas
A plataforma ‘Queremos Galego’ fai un chamamento para manifestarse o próximo 17 de maio en defensa da lingua do país.
A plataforma ‘Queremos Galego’ fai un chamamento para manifestarse o próximo 17 de maio en defensa da lingua do país.
Manifestacións anteriores en defensa da lingua
‘Liberdade, igualdade e xustiza’. Eses tres puntos son os que reivindicarán o próximo 17 de maio, Día dás Letras Galegas, desde a plataforma Queremos Galego, que presentou esta mañá o programa de actividades para a cita.
Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da plataforma ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’, estivo acompañado de Bieito Lobeira, Xoán Costa, Suso Bermello, Mónica Pazos e Dores Vidal durante a presentación do plan para o día 17, día no que se celebrarán diversas manifestacións compaxinas ás 12 horas en diversos puntos do territorio galego baixo o lema ‘Máis que nunca, Queremos Galego’.
O obxectivo é “lembrar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado segue tendo para a defensa da lingua en todas as comarcas e concellos”, explica o comunicado
“SITUACIÓN CRÍTICA”
“Chamamos a mobilizarse ao conxunto da sociedade galega, que crea na liberdade pero ve como non ai posibilidade dunha vida normal en galego”, reivindica Maceira, lembrando as vulneracións ás que se ve sometida a lingua por parte da administración ou a xustiza, ademais de partidos políticos “que queren prohibir o galego”. “Son os mesmos que atacan ás mulleres, á diversidade sexual ou a liberdade de expresión”, subliña Maceira.
Do mesmo xeito, fixo fincapé en que a situación do galego “é crítica”. Neste aspecto lembrou o pouco calado que ten a lingua entre os máis novos, cun 22,7% dos menores de 15 que admiten non saber falalo, ou as trabas ás que se enfrontan os usuarios en ámbitos como a xustiza ou a sanidade, ademais de criticar a “inactividade” do goberno galego para afrontar estes problemas.
“Sen lingua non hai desenvolvemento social e económico, non hai liberdade posible, non hai igualdade, non hai xustiza”, denunciou o portavoz de Queremos Galego, sentenciando que sen todo iso “non hai democracia”.
Escribe o teu comentario