Outro incendio consome 50 hectáreas en Boiro mentres o de Verín alcanza as 66 (vídeo)

O incendio forestal declarado este mércores no municipio coruñés de Boiro está estabilizado tras queimar unhas 50 hectáreas, mentres que permanece controlado outro en Verín (Ourense) que arrasou unhas 66 hectáreas.

|

A polémica da causa do gran incendio que queimou máis de 1.000 hectáreas no Barbanza aínda está quente e xorde outro incendio nesa comarca.


O incendio forestal declarado este mércores no municipio coruñés de Boiro está estabilizado tras queimar unhas 50 hectáreas, mentres que permanece controlado outro en Verín (Ourense) que arrasou unhas 66 hectáreas.



Helicoptero apagando incendio en verin foto de brif tabuyo

Helicóptero apagando o incendio de Verín | Brif tabuyo twitter


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, ás 8,45 horas deste mércores quedou estabilizado o incendio que comezou ás 00,12 horas na parroquia de Cures en Boiro.


No control deste lume participan nove axentes, oito brigadas, oito motobombas e dúas pas, concretou o departamento de Medio Rural.


Mentres, ás 23,16 horas do martes quedou controlado o incendio forestal declarado ás 15,39 horas desa mesma xornada na parroquia de Vilamaior do Val, en Verín.


Neste incendio arderon unhas 66,01 hectáreas, das cales 22,46 son de monte arborizado e 43,55 de raso.


Para o seu control mobilizáronse un técnico, 10 axentes, 14 brigadas, sete motobombas, unha pa, oito helicópteros e un avión.


Este é o vídeo gravado desde o helicóptero da brigada aerotransportada de Laza tras apagar o incendio de Verín:



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE