Máis despedimentos na banca galega xa que Santander busca pechar máis da metade da rede do Popular

Galicia ten moitas papeletas de ser unha das autonomías máis afectadas, xa que o Santander acaba de herdar ducias de sucursais do Banco Popular, filial no seu día do Popular.


|

O Banco Santander prevé pechar o 55 por cento da rede do Banco Popular, segundo informan os analistas do banco canadense RBC.


Banco Pastor-Grupo Banco Popular

Antiga oficina do Pastor cambiándos os seus logos ao Popular


Hai semanas que se sabe que o Santander prepara un ERE. Está previsto que se pechen ao redor de 1.000 sucursuales. Galicia ten moitas papeletas de ser unha das autonomías máis afectadas, xa que o Santander acaba de herdar ducias de sucursais do Banco Pastor, filial no seu día do Popular.


Por agora non se sabe que sucursais pecharán, pero moitas serán en ciudadas. "Identificamos unha lista de 961 sucursais españolas (192 rurais; 769 urbanas) que cremos que poderían ser pechadas e que supoñen o 23% de Santander en España", explican os expertos no seu informe. 


Banco santander


Isto afectaría ao 23 por cento das oficinas de España, que supón 961 sucursais e 3.652 empregados.


Con esta operación, o Santander aforraríase 200 millóns de euros anuais.


Este plan de redución estímase que se anunciará oficialmente o 3 de abril en Londres no marco da integración do Investor Day.


Nesta mesma liña, Ana Botín e José Antonio Álvarez presentarán aos investidores as liñas mestras da nova estratexia de Santander. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE