​Facenda pon no punto de mira os bens e contas no estranxeiro

A información recolleuse a través de datos bancarios e da declaración de bens no estranxeiro .


|

A Axencia Tributaria Española empezou a advertir a través de cartas a preto dun millón e medio de contribuíntes de que dispoñen de contas no estranxeiro ou de arrendamentos de vivendas turísticas.


Agenciatributariahacienda


Esta iniciativa enmárcase na campaña da renda de 2018 que se inicia a principios de abril. A información recolleuse a través de datos bancarios e da declaración de bens no estranxeiro .


O modelo 720 obriga aos contribuíntes para declarar bens e dereitos que teñan noutros países cun valor superior aos 50.000 euros pero, agora, Facenda trata con datos que anteriormente non tiña controlados.


O obxectivo de facenda é dar a mensaxe de que os bancos están a facilitar información e que o óptimo é fomentar o cumprimento voluntario á hora de facer a declaración da renda. Tenta non incidir tanto no ánimo de defraudar, senón no descoñecemento.


Con todo, nas cartas que emite Facenda tamén informa das multas que hai se non se regulariza a situación.


Outra das advertencias da Axencia Tributaria está relacionada con os apartamentos turísticos para que se declaren os ingresos na campaña do IRPF. Así, plataformas de pisos de aluguer turístico como Airbnb proporcionaron información sobre os seus clientes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE