Adolfo Domínguez volve coser integramente en Galicia unha colección
Realizadas a man en Ourense, á marxe de tendencias, sen distincións de xénero e reutilizando tecidos de alta calidade recuperados. Así é a nova tendencia dunha das referencias da moda española, que está a recuperar tamén os seus resultados económicos.
Realizadas a man en Ourense, á marxe de tendencias, sen distincións de xénero e reutilizando tecidos de alta calidade recuperados. Así é a nova tendencia dunha das referencias da moda española, que está a recuperar tamén os seus resultados económicos.
Adolfo Domínguez lanza este xoves ao mercado a primeira colección completa de pezas confeccionada ao 100% nos seus talleres de sastrería de Galicia. Segundo informa a empresa, trátase de 'Limited Edition', unha colección limitada de 450 unidades que revisita desde unha perspectiva de 2019 pezas icónicas da marca de autor.
A directora de Produto do grupo, Ángela García
O lanzamento chega tras unha primeira proba coa confección dunha selección de pezas realizada o pasado mes de setembro. A 'Limited Edition' será a primeira dunha serie de coleccións limitadas que a compañía galega producirá integramente na súa atelier de sastrería en San Cibrao das Viñas (Ourense), que non confeccionaba coleccións completas desde hai 20 anos.
A edición limitada presenta todo tipo de pezas en tecidos de alta calidade, con deseño 'gender fluíde', sen enfoque de xénero. A colección está dispoñible desde este xoves na tenda online da firma, nas súas flagships de Madrid e Barcelona e na súa tenda de Ourense (nesta última, a colección estará dispoñible desde o luns 25 de marzo).
"Nacemos como unha sastrería e no fondo nunca deixamos de selo. Esta colección é unha actualización do noso espírito, unha revisión da nosa herdanza e que reivindica a alma de moda de autor de Adolfo Domínguez", explica a directora de Produto do grupo, Ángela García .
DATOS DA EMPRESA
O grupo Adolfo Domínguez facturou 113,7 millóns de euros no último exercicio completo 2017/2018. Os últimos resultados publicados pola compañía (marzo-novembro de 2018) presentan unha mellora do seu resultado operativo Ebitda do +72,8%. A firma de moda de autor dispón de 396 tendas en 23 países e un equipo de 1.100 profesionais.
Escribe o teu comentario