Primeira sentenza que anula a venda de accións da matriz do Banco Pastor

|

O Banco Santander, que acabou facéndose co grupo por 1€, deberá abonar case 5.000 euros en indeminizaciones

A Audiencia Provincial da Coruña ditou a primeira sentenza en Galicia que estima a demanda de dous clientes do antigo Banco Popular, matriz do banco galego Banco Pastor,  e anula as accións de ampliación de capital de 2016, segundo informa o despacho de avogados Pérez-Lema.



PEREZ LEMA

O letrado Pérez Lema


O fallo xudicial confirma unha sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña "e obriga ao Banco Santander, como sucesor da desaparecida entidade, a devolver aos accionistas os 4.225 euros que investisen naquela emisión de valores", explican fontes do bufete.


Á hora de determinar se os clientes tiñan pleno coñecemento do risco que asumían ao comprar as accións do Popular, a Audiencia da Coruña afirma que "a propaganda informativa do banco era laudatoria sobre as súas posibilidades futuras".


ACABÁRONO MALVENDIENDO POR UN EURO

Con todo, tras el traspaso por un euro ao Santander e a perda do valor das accións, entende que a imaxe de solvencia da entidade "non se axustaba de ningún xeito á súa realidade económica".


A Audiencia descarta impoñerlle o pago de todas as costas procesuais ao Santander ao non existir, por agora, unha doutrina unificada do Tribunal Supremo sobre a anulación de ordes de compra de accións do Popular respecto a a ampliación de capital de 2016.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress