Veciños de Touro denuncian censura no Parlamento de Galicia


O Parlamento de Galicia acolleu onte un debate sobre as subvencións de la Xunta ao sector mineiro. Máis aló da polémica política, tamén houbo polémica cos invitados. Membros da Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON denuncian que foron "censurados" e controlados exhaustivamente. O Parlamento, en declaracións a Galiciapress, alega que só se aplicou as normas e o procedemento habitual.


|

O Parlamento de Galicia acolleu onte un debate sobre as subvencións de la Xunta ao sector mineiro. Máis aló da polémica política, tamén houbo polémica cos invitados. Membros da Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON denuncian que foron "censurados" e controlados exhaustivamente. O Parlamento, en declaracións a Galiciapress, alega que só se aplicou as normas e o procedemento habitual.



Luca chao veciu00f1vos touro

Luca Chao, deputada de En Marea que presentou a interpelación, cunha camiseta da Plataforma; acompañada do portavoz do seu grupo Antón Sánchez (dereita) e veciños de Touro, antes de entrar no hemiciclo


De acordo ao seu relato, os servizos de seguridade da cámara primeiro fotografaron as camisetas reivindicativas que levaban postas. Posteriormente, antes de acceder ao hemiciclo, advertíronlles que debían sacalas e que non podían nin sequera levalas dentro dun bolso.


"Por que de súpeto non se poden vestir camisetas cos nomes das asociacións, plataformas ou entidades que representan aos cidadáns, cando ata agora non había ningún inconveniente en facelo?", se preguntan.


VERSIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

Consultadas por Galiciapress,  fontes oficiais do Parlamento de Galicia indican que non houbo nada extraordinario na forma de controlar a estes veciños. Lembran que o regulamento impide, no seu artigo 109, as mostras de apoio ou desaprobación desde a tribuna de invitados. Engaden que así  a Presidencia -que ostenta un deputado do PPdeG- ten a facultade de limitar a exhibición de mensaxes escritas no hemiciclo, aínda que sexan en camisetas.


NORMAS PARA Os INVITADOS Á CÁMARA 

É común que os grupos parlamentarios ás bancadas de público a plataformas afectadas polos temas que se debaten. As normas da Cámara impídenlles facer calquera comentario -mesmo aplaudir- e exhibir símbolos reivindicativos, pero na práctica ás veces hai certa laxitude.


Desde a plataforma de Touro "espérase que se deba a un malentendido, pois o contrario levaría a pensar que alguén dá ordes de evitar  visibilizar a presenza e as reclamacións dos veciños e veciñas de Touro e O Pino nas institucións galegas, o cal sería máis grave aínda sendo na institución de representación do poboo".


No plano político, os activistas quéixanse porque nin o presidente nin a consellería de Educación asistiron ao debate. Un dos puntos que se discutían son as subvencións de la Xunta á patronal mineira para difundir os supostos beneficios do sector nas aulas.


CONDE DEFENDE QUE A MINERÍA É LEGAL E XERA RIQUEZA

O conselleiro de Industria defendeu as axudas dada a importancia do sector, do que dixo viven 11.000 persoas no país. Tamén respondeu Francisco Conde á interpelación que “parece que a actividade mineira en Galicia é ilegal, e debería saber que está regulada por unha lei”.


A Plataforma rebate hoxe ao conselleiro de Industria lembrando "as múltiples  irregularidades nas que a minería incorre en Touro e O Pino, así como  en moitos outros puntos da xeografía galega, onde as mineiras e os gobernos locais coñecen a lei pero, se non lles convén, porque non lles resulta economicamente rendible, non a aplican". 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE