Ciudadanos ficha a outro cargo do PP, Langtry será o candidato laranxa en Ferrol

|

A formación laranxa prevé presentar esta fin de semana aos candidatos das sete principais cidades galegas


Despois de que o tenente de alcalde do PP en Ourense marchara cara os de Rivera, agora confírmase que un exconcelleiro conservador de Ferrol será número 1 nas listas para a capital departamental



Langtry cidadáns ferrol fotonoticia 20180907182126 640


Alejandro Langtry, exconcelleiro do Partido Popular no Concello de Ferrol, será o candidato de Ciudadanos á Alcaldía desta cidade.


Fontes consultadas por Europa Press confirmaron dita decisión, que foi ratificada nunha reunión da xunta directiva deste partido en Ferrol, celebrada este martes.


Este mércores, Ciudadanos Galicia remitiu un comunicado no que asegura que "desde a xunta directiva de Cidadáns Ferrol quérese ratificar a proposta feita de candidato á Alcaldía da cidade", e que se trata de "un proxecto ilusionante, ambicioso e atractivo".


Ademais, defendeu que ten "a idea firme de ofrecer aos cidadáns un plan de futuro e unha alternativa de goberno que aposte por Ferrol, e que poña fin á parálise na que se atopa a cidade".


"INCORPORAR TALENTO E EXPERIENCIA"

Por parte da formación laranxa tamén se traslada que "esta proposta responde á política de Ciudadanos de incorporar talento e experiencia ás súas filas, e conta co apoio da estrutura rexional".


Tamén se incide en que "a candidatura proposta e aprobada, que será presentada publicamente ao longo dos próximos días, supoñerá un novo impulso para a formación liberal na cidade de Ferrol, onde se traballa co obxectivo de seguir crecendo".


As fontes consultadas por Europa Press tamén trasladaron que Ciudadanos ten previsto presentar este fin semana a todos os seus candidatos ás alcaldías das sete grandes cidades de Galicia nun mesmo acto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress