Os empresarios de Pontevedra e Ourense valoran abandonar a patronal

As duras declaracións dos representantes destas dúas provincias apuntan a que desisten de tentar desatascar o bloqueo na CEG 


|

As duras declaracións dos representantes de estas dúas provincias apuntan a que desisten de tentar desatascar o bloqueo na CEG 


“Aínda que a CEG debe manter o mandato que a Constitución lle confire no ámbito da negociación laboral e outros de carácter institucional, carece de sentido manter o estatu quo actual nunha organización na que a maioría dos seus membros pretenden seguir detentando unha capacidade de decisión que en realidade só serve para que a CEG sexa un ente inoperativo. E ese xogo nin merece a pena, por inútil, nin  o merecen os empresarios”. Así de dura é a valoración da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) tras o fracaso da Asemblea da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) este xoves.



Patronal ourense rolda de prensa

José Manuel Díaz Barreiros fala ante os micros tras a Asemblea do xoves


A CEO non oculta que valora tirar a toalla e abandonar o ente galego. Os ourensáns, os seus homólogos da Confederación de Empresarios de Pontevedra e os representantes das agrupacións sectoriais pretendían onte "modernizar" os estatutos. O bando contrario -os empresarios da Coruña liderado polo histórico Antonio Fontela e os de Lugo- sumaron forzas suficientes para deter este movemento. Néganse a, como pretenden os seus rivais, darlle máis peso ás asociacións sectoriais, rompendo o equilibrio entre as territoriais. 


Así as cousas, a patronal galega segue nas pavías. Sen presidente hai meses e sen a penas actividade nun momento, ademais, no que a Xunta pretende reabrir o diálogo social. 


Para os ourensáns, o bloqueo de Fontela e os seus é "tan decepcionante" que pon en perigo a mesma "supervivencia" da CEG. Unhas palabras que van na mesma liña que o sentir pontevedrés.  "Se me din que detrás desa abstención é que non queren que estean as sectoriais este non é o meu modelo de Confederación"


 Está por ver se a crise  fragua nalgunha alternativa asociativa concreta, pero parece que, dado o ton e o momento das valoracións, existen posibilidades dunha escisión na patronal galega. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE