Mariano Rajoy declara como testemuña no xuízo do procés o 26 de febreiro
Sáenz de Santamaría, Montoro e Zoido comparecen ao día seguinte.
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy declara como testemuña no xuízo polo proceso independentista en Catalunya a semana que vén, concretamente o próximo 26 de febreiro, mentres que a exvicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría e os exministros de Facenda e Interior, Cristóbal Montoro e Juan Ignacio Zoido, respectivamente, farano un día máis tarde.
Nunha dilixencia de ordenación, o tribunal do procés acordou que as declaracións das testemuñas comecen o martes que vén.
O primeiro será o deputado de ERC Joan Tardá, e seguiranlle o presidente do Parlamento catalán, Roger Torrent, e o expresidente da Generalitat Artur Mas. Pola tarde será a quenda de Rajoy.
Escribe o teu comentario