Máis de 7.000 euros de gasto para cambiar as rodas picadas das ambulancias

A patronal estima que cada roda ten un custo de 120 euros, polo que os danos ata o momento son superiores aos 7.000 euros só nas rodas, sen contar outros danos como as pintadas. 


|

A patronal estima que cada roda ten un custo de 120 euros, polo que os danos ata o momento son superiores aos 7.000 euros só nas rodas, sen contar outros danos como as pintadas. 


Roda picada dunha ambulancia en Galicia

Os empresarios do sector do transporte sanitario en Galicia estiman en máis de 7.000 euros o gasto por rodas picadas en ambulancias na tarde do luns tras a reunión convocada pola mañá no Consello Galego de Relacións Laborais á que asistiron representantes da patronal e dos sindicatos UXT, CIG e Comisións Obreiras.

Segundo os datos facilitados pola patronal a Europa Press, en Vigo oito vehículos de transporte sanitarios rexistraron danos na tarde do luns; seis coas catro rodas picadas, unha ambulancia con dúas e outra con pintadas.

Mentres, na localidade pontevedresa do Porriño unha ambulancia rexistrou tres rodas picadas. Na mesma provincia outras tiveron as catro rodas picadas nos municipios de Redondela (dous vehículos), Ponteareas, Moaña, Nigrán, Cangas e Baiona.

Fontes da patronal manifestaron que durante a madrugada deste martes non teñen constancia doutras incidencias e destacaron que cada pneumático ten un custo duns 120 euros, polo que calculan en máis de 7.200 euros o desembolso destas incidencias.

Estes incidentes enmárcanse no segundo tramo de folga convocado polas tres centrais sindicais en Galicia para reivindicar un novo convenio, que se desenvolve entre o 18 e 24 de febreiro.


MOBILIZACIÓNS

Así mesmo, este martes están convocadas concentracións en varios hospitais e o mércores fixaron unha manifestación en Santiagou. Posteriormente, o terceiro tramo de folga terá lugar do 4 ao 10 de marzo e o paro converteríase en indefinido desde o 20 de marzo en caso de non alcanzarse antes un acordo.

Ambas as partes están convocadas na tarde do xoves 28 de febreiro a unha nova reunión no Consello Galego de Relacións Laborais en Santiago de Compostela para tratar de alcanzar un acordo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE