Ataque racista contra un líder local de Cidadáns

|

"Coidate sudaka de merda" e "coidate sudaca hdp" son algunhas das pintadas que apareceron no negocio do líder laranxa en Ortigueira


O exterior dun local de hostalería de Ortigueira (A Coruña) que rexenta Javier Otero, portavoz de Cidadáns neste municipio, apareceu este martes día 12 con varias pintadas de tipo xenófobas e racista na zona da súa fachada.



52582595 2229462547266650 8568708107708923904 n

Pintada racista en Ortigueira | Somos Ortigueira Facebook


Este veciño de Ortigueira leva máis de dúas décadas asentado neste municipio, onde chegou en busca das súas raíces e procedente de Montevideo, en Uruguai.


Tras este acto vandálico no Bar Pizzería Vos Arcos, situado na rúa Manuel Sandomingo, foron moitos o que utilizaron as redes sociais para mostrar a este hostaleiro e á súa familia a súa solidariedade e condenar este ataque.


Así mesmo, clientes deste local de hostalería decidiron trasladarlle o seu apoio á familia de maneira persoal durante toda a xornada do martes.


Mentres, a Garda Civil trata de identificar o autor ou autores destes feitos.


Varios rivais políticos, como o PP e Somos Ortigueira, xa expresaron o seu solidariedad co cidadán ameazado.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress