A asistencia de Feijóo a Madrid "non foi a cargo dos galegos" segundo a Xunta
Así o indicou Rueda, a preguntas dos xornalistas este martes, durante o acto de entrega dos informes de avaliación de transparencia no sector público á valedora do Pobo, Milagres Otero.
Así o indicou Rueda, a preguntas dos xornalistas este martes, durante o acto de entrega dos informes de avaliación de transparencia no sector público á valedora do Pobo, Milagres Otero.
Deste xeito, o número dous do Goberno galego di descoñecer se o cambio na axenda do presidente --que adiantou a súa volta a España para asistir en Madrid á manifestación do pasado domingo-- supuxo "unha variación" no custo da viaxe institucional a Estados Unidos, aínda que subliñou que, en caso de habela, "non sería a cargo dos galegos".
Ademais, fronte ás demandas de transparencia efectuadas polos grupos da oposición, Alfonso Rueda manifestou que será o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, quen dará conta do custo total da viaxe ao país norteamericano cando compareza ante a Comisión 1ª do Parlamento autonómico, onde informa dos desprazamentos institucionais dos representantes de la Xunta.
Así mesmo, agradeceu, de modo irónico, o cambio de parecer da oposición sobre a viaxe de Feijóo a Estados Unidos. "A oposición pasou de dicir a principios de semana que non valía para nada a dicir que era gravísimo non cumprir coa axenda. Agradecemos que recoñezan que se estaban facendo cousas importantes", declarou.
Escribe o teu comentario