Ecoloxistas poñen freo a un proxecto que planeaba crear 187 postos de emprego

A empresa Paratermo Enerxía, que pretendía abrir unha planta de produción de metanol e hidróxeno en Viana do Bolo, non logrou a concesión solicitada á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil grazas á intervención da SGHN.


|

A empresa Paratermo Enerxía, que pretendía abrir unha planta de produción de metanol e hidróxeno en Viana do Bolo, non logrou a concesión solicitada á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil grazas á intervención da SGHN.


Parque natural invernadoiro

O Parque Natural de Invernadeiro veríase afetado polo proxecto


A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) puxo freo ás aspiracións da empresa Paratermo Enerxía de construír en Viana do Bolo unha planta industrial de produción de metanol e hidróxeno. O proxecto, que aspiraba a crear 187 postos de traballo (67 deles directos) estaba programado para instalarse nas inmediacións do río Camba, afectaba o Parque Natural de Invernadeiro, dous hábitats prioritarios e a unha ducia de especies ameazadas, tal e como relata a nota da SGHN.  


O proxecto era tan prexudicial para o medioambiente que recibiu unha negativa na Declaración de Impacto Ambiental (DIA)”, afirma a sociedade. Esta negativa debeuse a que a avaliación do impacto na flora e a fauna non foi a adecuada, aínda que a sociedade sinala que a empresa solicitou á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un aproveitamento de auga de 4,95 l/s para o proxecto para poder realizar unha nova DIA positiva.



“Ningún departamento da Consellería de Medio Ambiente acudiuse no trámite, pero a SGHN si o fixo, solicitando que se rexeitase total e definitivamente a concesión solicitada”, explica o comunicado. A Confederación Hidrográfica fallou a favor da Sociedade Galega de Historia Natural, “a única entidade que saíu en defensa do río Camba”, e rexeitou a concesión das augas, frustrando as intencións que gardaba Paratermo Enerxía para poder cambiar a súa DIA.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE