Un brote de sarna pon en corentena a Povisa

O centro hospitalario vigués rexistrou once casos de sarna entre os seus traballadores e iniciou un protocolo de prevención.


|

O centro hospitalario vigués rexistrou once casos de sarna entre os seus traballadores e iniciou un protocolo de prevención.


Povisavigo


Ata once traballadores do Hospital Povisa de Vigo atópanse de baixa por contraer a sarna, o que lles impedirá regresar ao traballo ata dentro de, polo menos, oito días. O brote declarouse o pasado mércores despois de dous casos positivos da enfermidade. As primeiras sospeitas sinalan a un paciente como fonte do contaxio. Con todo, o enfermo, xa falecido, non foi diagnosticado coa devandita enfermidade, aínda que si presentaba os síntomas.


Aínda que a sarna non é unha enfermidade grave, si é contaxiosa e un problema se temos en conta que Povisa atende a máis de 130.000 usuarios da área sanitaria viguesa. Se se declaran dous ou máis casos relacionados da citada enfermidade, Saúde Pública inicia un protocolo de prevención para evitar que se estenda.


Os traballadores diagnosticados xa foron tratados, así como aqueles que traballan na cuarta planta do hospital, onde se atopaba o paciente do que se sospeita, e outros pacientes, todos de forma preventiva. A dificultade deste caso reside principalmente en que parte do persoal do hospital non traba exclusivamente na cuarta planta, senón que intervén en varios departamentos, como o caso do persoal de enfermería.


Tamén se está tratando de maneira preventiva aos familiares e achegados das persoas contaxiadas para evitar máis posibles casos. O centro aínda non pode determinar as dimensións do brote, xa que poden aparecer novos casos nas próximas horas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE