A Xunta lávase as mans sobre os problemas dos Grupos de Emerxencias Supramanicipales (GES)

En Marea denuncia que efectivos destes servizos desempeñen labores como "limpar o campo da festa" ou "colocar iluminación"

|

En Marea denuncia que efectivos destes servizos desempeñen labores como "limpar o campo da festa" ou "colocar iluminación"


A directora xeral de Administración local, Marta Fernández-Tapias, aseverou que non é función de la Xunta velar polo cumprimento das funcións os Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES), xa que isto é responsabilidade das deputacións e concellos.



Ribadavia ges

Ges de Ribadavia


Fíxoo a resposta da pregunta realizada polo portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, durante a Comisión 1ª do Parlamento de Galicia, celebrada este mércores.


Villares denunciou que os GES realizan "funcións" que non figuran entre as súas responsabilidades, como "limpar o campo da festa" ou "desmontar as luces" dalgunha celebración.


PODEN PERDER A SUBVENCIÓN

Por iso, solicitou á Xunta que delimite as funcións que poden desempeñar os efectivos do GES a través dun novo marco legal que, ademais, mellore o financiamento deste servizo que, segundo Villares, "está cargada aos concellos".


Fernández-Tapias asegurou que o control sobre as tarefas que desempeñan os GES corresponde a concellos e deputacións, polo que limita o papel de la Xunta a "instar o cumprimento do convenio" e, no caso de que se detecte "unha irregularidade", decretar a "perda do dereito de financiamento". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE