O ‘IV Encontro de ContraMINAción’ pon sobre a mesa o dano da minería
Diversos colectivos ecoloxistas vindos de España e Portugal charlarán sobre as repercusións e impacto da minería.
Diversos colectivos ecoloxistas vindos de España e Portugal charlarán sobre as repercusións e impacto da minería.
Os próximos días 16 e 17 de febreiro celebrarase o ‘IV Encontro de Contraminaccion’ en Santiago de Compostela, para falar dos impactos da minería na Península Ibérica. O evento realizarase no Museo do Pobo Galego o sábado 16, de 10 a 14 horas, e o domingo 17 na Casa do Matadoiro, onde se proxectará o documental ‘San Finx: a catástrofe de 1960’.
Os eventos do día 16 virarán ao redor dunha serie de mesas redondas onde se abordará o problema que supón a minería desde distintos puntos de vista como o ecolóxico ou o social.
O encontro contará con representantes de distintos colectivos ecoloxistas como a ‘Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino NON’, ‘ContraMINAccion’ ou ‘Salvemos Esparteros’, entre outros. Ademais, o evento contará coa participación de plataformas vindas desde Portugal que defenden problemas similares no país veciño.
Escribe o teu comentario