Volven okupar a casa de Santiago que foi desaloxada no medio dunha forte polémica

O conflito polo desaloxo do Centro Social no centro histórico cheo telexornais de toda España e pode reactivarse en plena precampaña debido á reokupación do inmoble


|

O conflito polo desaloxo do Centro Social no centro histórico saiu telexornais de toda España e pode reactivarse en plena precampaña debido á reokupación do inmoble


O Concello de Santiago abriu tres expedientes aos propietarios do casarón da rúa Algalia, na zona histórica compostelá, que volveu a ser okupada polos integrantes de Escárnio e Maldizer e que en 2017 foran desaloxados con moita tensión na rúa.


Casa okupada da Algalia en Santiago de Compostela
Ao ser preguntado este martes en rolda de prensa, o rexedor compostelán, Martiño Noriega, indicou que unicamente teñen noticia da denuncia dos propietarios a través dos medios de comunicación, pero ratificou as actuacións que levou a cabo estes anos o goberno local.

EXPEDIENTES
Así, explicou que se abriron tres expedientes. Un en 2017 polo tapiado da casa, no que se informou de que non se cumpría a normativa do plan especial, polo que se iniciou o expediente de reposición da legalidade e sinalouse que se admitiría o tapiado por dentro das portas, pero "nunca por fóra". O tapiado exterior eliminouse pero non se aplicaron as outras medidas, aínda que este expediente xa quedou pechado.

Hai un segundo (pendente de pechar) por elementos en risco de caída do inmoble, que devén da reapertura doutro do ano 2010 sobre o estado da fachada traseira. En xuño de 2018 reabriuse o expediente e en outubro a propiedade foi apercibida para que retirase os elementos que presentaban risco de caída na parcela libre traseira, e advertíuselle de que no suposto caso de que se incumprise, procederíase á execución forzosa, impoñendo á propiedade multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, que se reiterarían trimestralmente ata a execución.

O terceiro expediente, de licenza, está vinculado co anterior. En abril de 2018 a propiedade solicitou licenza de obras de restitución e corrección dos elementos catalogados en fachada, presentouse proxecto e en setembro notificouse que debía presentar documentación complementaria para obter licenza, advertindo de que o expediente caducaba aos tres meses.

En xaneiro de 2019 declarouse a caducidade do expediente porque non se presentou esa documentación complementaria, segundo a información ofrecida este martes polo alcalde.



Policiaescarnioemaldizer

Detención durante unha das protestas polo desaloxo do CS Eskarnio e Maldizer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE