Paralizada a praza do SERGAS convocada co nome de determinado médico

A Xerencia do Sergas en Santiago publicou a convocatoria dunha praza para unha Xefatura de Servició con citas expresas ao currúculo dun médico, o seu nome incluído. A Xunta insiste en declaracións a Galiciapress en que foi un simple erro administrativo, xa corrixido. Iso se, a convocatoria da praza está impugnada, curiosamente polo médico cuxo nome aparece nas bases.


|

A Xerencia do Sergas en Santiago publicou a convocatoria dunha praza para unha Xefatura de Servició con citas expresas ao currúculo dun médico, o seu nome incluído. A Xunta insiste en declaracións a Galiciapress en que foi un simple erro administrativo, xa corrixido. Iso si, a convocatoria da praza está impugnada, curiosamente polo médico cuxo nomee aparece nas bases.



Anexo 1 dá convocatoria do sergas


Así llo indicaron a este diario varias fontes do sector sanitario. O proceso para elixir a xefatura do servizo de cirurxía cardiovascular do Hospital de Santiago está "en suspenso", confirman fontes oficiais da Xerencia.


Estas mesmas fontes insisten en que en ningún caso o erro implica que o SERGAS pretendese enchufar a determinado profesional nesa praza, como denunciou o BNG. Así, insisten na diferenza entre o publicado erronamente como Anexo 1  incialmente, nas súas palabras un "borrador dun proxecto" para formar equipos con médicos de diferentes especialidades, iso si con alusións en primeira persoa aos logros de certo profesional; co rectificado días despois, unha descrición do marco de o traballo a realizar.


O certo é que a noticia provocou un importante balbordo entre os profesionais da sanidade pública. Para algúns é un exemplo do suposto caciquismo co que se reparten certos cargos.


A convocatoria na que se nomeaba a ese médico levaba meses circulando por grupos de chat de traballadores. Con todo, non foi ata onte que saltou á luz pública, cando o BNG convocou unha rolda de prensa para denunciar o caso.


O BNG ALERTA DO DANO QUE FAI ISTO Ao SERGAS

En conversación con Galiciapress, a deputada nacionalista Montse Praso criticou hoxe  a "tremenda" contestación do SERGAS. "Quérennos tomar ás galegas e galegos por parvos ao dicir é un simple erro", cre a parlamentaria.


A parlamentaria mostra a súa preocupación polas consecuencias do sucedido.  "Xa sabemos como adoitan actuar, pero con este tipo de procederes o que están a lanzar é unha mensaxe á xente de que non se presente por que as prazas xa están dadas", argumenta. 


"NECESITAN COLOCAR A PERSOAS AFÍNS"

Prado relaciona o sucedido coa política de recortes do PP. A política razoa que o SERGAS "necesita colocar persoas afíns en postos clave para actuar de diques de contención" ante as continuas protestas de plataformas de usuarios e sindicatos. 


A nacionalista promete que "isto non vai quedar así". Se o PP, como é probable, non acepta que o conselleiro explique o sucedido no Parlamento, o Bloque levará de todos os xeitos o caso á Cámara mediante outra vías. 



Eloina


Desde o BNG insístese en pedir a dimisión de Eloína Nuñez, a Xerente, curmá do presidente de la Xunta. Cuestionada xa pola folga de urxencias e o conflito do PAC, a directiva, ao fío do ton da resposta do SERGAS, non valora dimitir no caso de que non a cesen, como reclaman desde o Bloque á Xunta. 




relacionada Paralizada a praza do SERGAS convocada co nome de determinado médico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE