Un de cada tres soldos é menos de 900€ e outros datos que proban que para os galegos a crise non acabou

As cifras de fogares sen ingresos, mozos emigrados e soldos por baixo do salario mínimo demostran ata que punto Galicia segue sufrindo unha recesión a pié de rúa


|

As cifras de fogares sen ingresos, mozos emigrados e soldos por baixo do salario mínimo demostran ata que punto Galicia segue sufrindo unha recesión 


UXT advirte de que un total de 321.120 traballadores en Galicia, un 31,3% dos existentes, cobra o salario mínimo ou por baixo desa cantidade, polo que denuncia que ter un emprego "xa non é sinónimo de saír da pobreza".



Emprego 2



O V Comité Nacional de UXT-Galicia, máximo órgano de dirección do sindicato entre congresos, reuniuse este mércores en Teo (A Coruña) para analizar a situación actual e facer propostas de futuro.


Respecto diso, o sindicato quéixase de que a recuperación tan só chegar a unha "minoría" e non ás familias, polo que chama a un cambio de rumbo que aposte pola recuperación de dereitos laborais e o fortalecemento do Estado de Benestar.


190.000 MOZOS MENOS NUNHA DÉCADA

Así, o crecemento en Galicia contrasta cunha comunidade envellecida na que se perderon 190.000 mozos (entre 20 e 34 anos) desde 2008. Mentres, perdéronse 124.000 empregos desde o comezo da crise, á vez que aumenta a precariedade e hai 54.200 fogares con todos os seus membros activos en paro.


UXT asegura que estará vixiante para que non haxa contratos por baixo dos 1.000 euros nos contratos públicos de obras e servizos nas administracións.


CHAMAMENTO A FEIJÓO

Por todo iso, urxe á Xunta a levar a cabo un plan de choque no emprego, así como un plan industrial de carácter estratéxico, á vez que insta as administracións a que nun prazo máximo de medio ano garantan un marco enerxético estable que asegure o futuro das compañías electrointensivas galegas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE