Multa a Abanca por enganar co interese das súas hipotecas
O consello de goberno do Banco de España acordou impoñer a Abanca Corporación Bancaria unha sanción de 3 millóns de euros pola comisión dunha infracción grave relacionada con información precontractual proporcionada ao cliente sobre os gastos e custos das operacións de préstamos hipotecarios.
Falta grave da entidade do grupo venezolano Banesco na información aos seus clientes, pola que deberá pagar unha importante sanción
O consello de goberno do Banco de España acordou impoñer a Abanca Corporación Bancaria unha sanción de 3 millóns de euros pola comisión dunha infracción grave relacionada con información precontractual proporcionada ao cliente sobre os gastos e custos das operacións de préstamos hipotecarios.
Segundo informou o supervisor, o importe da multa resulta de aplicar a redución do 40% contemplada no artigo 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Abanca incumpriu a normativa relacionada coa información precontractual proporcionada ao cliente sobre os gastos e custos das operacións de préstamos hipotecarios e coa inclusión de tales gastos e custos no cálculo da Taxa Anal Equivalente (TAE).
SÓ QUEDA RECORRER XUDICIALMENTE
A infracción grave cometeuse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de setembro de 2016. Esta sanción é firme na vía administrativa.
Escribe o teu comentario