Remolcador salva a cargueiro que quedou sen motor provocando alerta anticonminación

A sala de Gardacostas de Galicia activou á primeira hora da mañá deste mércores o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia en fase de alerta (Plan Camgal) ante a posibilidade de que un buque, que se atopa no fondeadero de Viveiro (Lugo) fose da bocana da ría, poida chocar contra unha zona rochosa.

|

O cargueiro Muros foi rescatado finalmente por Salvamento, pero estivo en risco de irse contra as rocas ao peder máquinas. A costa galega sofre un importante vendaval esta mañá.



Barco muros

Cargueiro Muros nunha imaxe de Vessel Finder


A sala de Gardacostas de Galicia activou á primeira hora da mañá deste mércores o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia en fase de alerta (Plan Camgal) ante a posibilidade de que un buque, que se atopaba no fondeadero de Viveiro (Lugo) fose da bocana da ría, poida chocar contra unha zona rochosa.



Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a embarcación estba garreando --vai cara atrás arrastrando a áncora-- coa forza do vento e non arrincan os seus motores. Na costa da Mariña hai aviso laranxa por ondas de cinco a sete metros de altura.


O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns minutos despois das 7,30 horas deste mércores a través de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que achegou ata a zona un remolcador e mantén en alerta ao helicóptero 'Pesca 2' por se fose preciso evacuar á tripulación do buque, composta por nove persoas.


Tras recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do Servizo Municipal de Protección Civil, da Policía Local e da Policía Nacional. Segundo indicóuselle ao servizo de emerxencias, o barco navegaba sen carga.



Manobra

Situación do Muros e o remolcador ás 10 da mañá segundo Vessel Finder


Finalmente, a situación quedou controlada, segundo o 112. O remolcador Sertosa Trinta enganchárao e estaban a piques de entrar no porto de Viveiro ás 10 da mañá. Así o confirmou o 112:



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE