Cultura nega irregularidades nos contratos de vixiantes de Seguridade
Un sindicato denunciou onte que, saltándose a nova lei de contratos, a Xunta favorece a empresarios imputados por fraude e a consecuencia é que os vixiantes de seguridade acaban cobrando 300€ menos
Un sindicato denunciou onte que, saltándose a nova lei de contratos, a Xunta favorece a empresarios imputados por fraude e a consecuencia é que os vixiantes de seguridade acaban cobrando 300€ menos
A Consellería de Cultura respondeu este xoves ás acusacións de UXT ao asegurar que todas as súas licitacións son fiscalizadas e contan "cos preceptivos informes favorables da asesoría xurídica".
En concreto, refírese aos contratos de vixilancia e seguridade dos centros da consellería dependentes das xefaturas de Pontevedra e A Coruña e indica que "se cumpriu o establecido" na lei de contratos do sector público.
Para establecer o prezo "tivéronse en conta os termos económicos do vixente convenio colectivo estatal de empresas de seguridade", indica.
O sindicato atribuíu a Cultura a licitación con "defectos importantes", en especial, nos referidos á seguridade e vixilancia en varios centros dependentes destas xefaturas.
Escribe o teu comentario