A “excesiva carga de traballo” leva á folga ás traballadoras dos Zara de Lugo

Case a metade das traballadoras dos centros de Zara en Lugo, en Conde Pallares e no centro comercial das Termas (23 de 50), secundaron un paro convocado polos representantes de UXT para protestar pola "excesiva carga de traballo" e "exceso de xornada".


|

Case a metade das traballadoras dos centros de Zara en Lugo, en Conde Pallares e no centro comercial das Termas (23 de 50), secundaron un paro convocado polos representantes de UXT para protestar pola "excesiva carga de traballo" e "exceso de xornada".


Protesta de Zara en Lugo

Ademais, sobre as doce do mediodía concentráronse ante a tenda do centro da cidade, convidaron as súas compañeiras a que as acompañasen no paro e emprazaron aos clientes a que non comprasen precisamente este luns, cando se abre o período de rebaixas.

Durante a concentración, ao paraugas dunha pancarta que rezaba 'Zara. Melloras Sociais', coreáronse distintas consignas como 'Inditex, escoita, ás de Zara están en loita'.

A delegada de UXT de Zara Lugo, Sandra Salgado, xustificou o paro porque teñen "uns horarios moito peores que noutras provincias". "Aquí as reducións de xornada non se cobren por parte da empresa, polo que obriga ao resto de compañeiras a facer cinco tardes semanais e sen sábado libre", denunciou.

Ademais, criticou o "incumprimento sistemático do plan de igualdade". "Temos unha compañeira que pide o traslado desde 2015 porque ten aos pais, a un cunha incapacidade total e a outro permanente e no noso empresa dan os traslados á carta", expuxo. "As vacantes dos postos de responsabilidade non se publicitan e cóbrense pola xente que eles queren", agregou.

Por último, a delegada de UXT avanzou que seguirán "coas protestas, porque ao non haber unión", dado que a CIG non secunda este paro, "isto non vai acabar aquí". "Estivemos a falar de ir á central, a Arteixo, para mobilizarnos alí", adiantou. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE