Galicia Bilingüe pasa a formar parte do colectivo estatal Hablemos Español
Galicia Bilingüe, o colectivo que xogou un papel relevante no debate público sobre o idioma, deixa de funcionar. A asociacioń crítica coa normalización do galego intégrase nun colectivo maior de ámbito estatal, Falemos Español.
Galicia Bilingüe, o colectivo que xogou un papel relevante no debate público sobre o idioma, deixa de funcionar. A asociación crítica coa normalización do galego intégrase nun colectivo maior de ámbito estatal, Hablamos Español.
Gloria Lago
Así o decidiu unha asemblea de socios celebrada estes días, segundo un comunicado. Na despedida, o colectivo que dirixe Gloria Lago arremete tanto contra a Xunta do PP como contra o nacionalismo.
DURO ATAQUE CONTRA FEIJÓO
Ao goberno de Alberto Nuñez Feijóo acúsao de silenciar "sistematicamente" as denuncias de GB e mesmo de "exercer unha presión inaudita sobre o seu presidente, Gloria Lago, aproveitando que é profesora de instituto". Galicia Biligüe lémbralle ao líder conservador que gañou as eleccións de 2009 por unha estreita marxe e que a polémica lingüística foi clave na campaña.
No pasado, Lago soou nas quinielas como unha posible candidata de Cidadáns. Na súa opinión, a suposta "imposición" do galego na vida pública continúa hoxe, con niveis maiores aínda que en Cataluña.
O polémico labor de GB non se apaga. Asúmea Hablamos Español, que continuará cos preitos en marcha e "protexerá" a marca da asociación situada en Vigo. Hai tempo que Lago é unha das caras visibles deste movemento estatal, por exemplo na campaña que recolleu 500.000 firmas para garantir unha suposta liberdade lingüística.
Escribe o teu comentario