O frío chega a Galicia con termómetros marcando -8,3ºC

Calvos de Radín rexistrou a temperatura máis baixa de toda Galicia neste segundo día do ano, nunha xornada protagonizada polos abrigos e os braseros para combater o frío.


|

Calvos de Radín rexistrou a temperatura máis baixa de toda Galicia neste segundo día do ano, nunha xornada protagonizada polos abrigos e os braseros para combater o frío.


Frío en Galicia


Ano novo e frío, de novo. A primeira xeada do 2019 deixa temperaturas de record en Galicia. En Calvos de Radín, Ourense, o mercurio situouse por baixo dos -8,3ºC, a mínima de Galici nunha xornada marcada polos avisos de risco de temperaturas mínimas e néboa de Lugo e de vento e ondada na Coruña.


Ademais de Calvos de Radín, os rexistros de Meteogalicia indican que outros puntos de Ourense como Verín e Xinzo de Limia amenceron con temperaturas glaciales, de -6ºC e -5,9ºC respectivamente. Pola súa banda, Pontevedra tampouco se librou do inverno, e Lalín amenceu cuns frescos -4,6ºC.



Por encima dos 900m, os algarismos tamén se mantiveron en negativo. Os -3,3ºC de Navia de Suarna e os -2,1ºC de Baleira reflicten o frío que facía en Lugo, mentres que as ourensás Vilariño de Conso, A Veiga e Maceda pintaban un panorama moi do Nadal, coas xeadas provocadas polos -1,9ºC, 0,1ºC e 0,2ºC que marcaban os seus termómetros neste segundo día do ano. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE