Incendios ata o último día do ano: 35 hectáreas arden en Ourense
Os axentes forestais de la Xunta coordinaron a súa extinción.
O incendio forestal activo desde o mediodía deste domingo en Viana do Bolo (Ourense) quedou extinguido ás 19,20 horas, tal e como indica a Consellería do Medio Rural, tras calcinar 35,02 hectáreas de monte raso. Os axentes forestais de la Xunta coordinaron a súa extinción.
O lume comezou sobre as 12,20 horas deste 30 de decembro. Na extinción das chamas traballaron 4 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Escribe o teu comentario