(VÍDEO) Novo desbordamento da balsa mineira de Bama en Touro
A vertedura chegou ao Río Brandanelos, afluente do Ulla, contaminando as súas augas.
A vertedura chegou ao Río Brandanelos, afluente do Ulla, contaminando as súas augas.
Nin as denuncias reiteradas por parte de diversos colectivos ecoloxistas e veciñais nin o episodio vivido hai unha semana evitaron que a balsa mineira de Bama volva desbordarse e contaminar o Río Brandelos.
As constantes choivas que azoutaron a comunidade estes días provocaron un aumento no caudal dos ríos e nos encoros. O deteriorado estado das balsas de contención non pode reter a cantidade de auga acumulada e esta termina nos ríos, co risco ecolóxico que isto supón.
Nun vídeo da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON pódese apreciar a dimensión da vertedura. No comunicado emitido a semana pasada tras o primeiro desbordamento, a plataforma denunciaba que a pesar das multas e denuncias que pesan sobre a mina, “non se tomaron medidas que eviten ou minimicen a contaminación”.
Escribe o teu comentario