A Policía de Galicia saca o seu lado máis solidario en Nadal

As asociacións UGPOL e AGAPOL realizan senllos actos solidarios para recadar fondos, como os encadrados na campaña ‘Pulso Azul’.


|

As asociacións UGPOL e AGAPOL realizan senllos actos solidarios para recadar fondos, como os encadrados na campaña ‘Pulso Azul’.


SAF 0090

Partido de futbol sala entre AGAPOL e o Santiago Futsal


Os nenos galegos pasará o Nadal entre agasallos, xoguetes…e policías. A Asociación Profesional de Policías Locais de Galicia (UGPOL) fará entrega á ONG Aldeas Infantís dos fondos recadados ao longo de todo o ano. Tras éxito da Campaña ‘Pulso Azul’, con presenza en YouTube e Twitter, o organismo destinará todo o diñeiro recadado coa venda de pulseiras, que xa se converteron en todo un símbolo do compromiso do colectivo policial coa infancia e a solidariedade inherente á función policial.





O acto de entrega do diñeiro terá lugar na sede da ONG en Redondela este xoves 20 de decembro. Ademais, os Policías Locais impartirán unha charla aos menores, debullando cal é a función das forzas e corpos de seguridade e ensinándolles as características dos seus vehículos policiais.


DEPORTE E SOLIDARIEDADE

Doutra banda, a Asociación Galega de Policia (AGAPOL), organismo que aúna a todas as forzas e corpos de seguridade con ámbito de actuación na comunidade galega, vén de celebrar dous actos que mesturan deporte e solidariedade.


O ‘I Partido Benéfico de Fútbol sala’ mediu nunha cancha aos xogadores do Santiago Futsal contra un grupo de axentes, no pavillón Santa Isabel. Con todo, o balón non foi o único protagonista, xa que tamén se celebrou o ‘III Torneo Solidario de Pádel FF.CC. de Seguridade’ en Ames. Ambos os actos celebráronse en favor da inter parroquial de Cáritas na cidade de Santiago de Compostela.


Máis de medio centenar de axentes involucráronse na causa solidaria, recadando non só diñeiro senón un gran lote de produtos de primeira necesidade, como aceite ou produtos de hixiene, ademais de xoguetes, tan importantes nestas datas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE