Detida por aforcar a un can na súa propiedade
O Seprona, en colaboración con Policía Local de Fisterra, detivo a unha veciña da localidade acusada de malos tratos animais despois de atopar a un can aforcado nunha vivenda.
O Seprona, en colaboración con Policía Local de Fisterra, detivo a unha veciña da localidade acusada de malos tratos animais despois de atopar a un can aforcado nunha vivenda.
Foi unha parella da Policía Local a que se puxo en contacto coa Garda Civil para comunicar o achado dun can aforcado no patio traseiro dunha vivenda.
Tras a notificación activouse a unidade de Paprona, que foi a que procedeu á detención da propietaria do animal falecido, que tamén contaba con outros seis cans “vivindo nunhas condicións deplorables”, sinalou a Garda Civil.
Os cans xa foron retirados do domicilio polo seu benestar e é o Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión o que se fará cargo do caso a partir de agora.
Escribe o teu comentario