Empresas como Gadis, Finsa ou Castrosúa apoian a loita contra a violencia machista

O alcalde compostelán celebra o crecemento da campaña, que chega este ano a un centenar de concellos

|

O alcalde compostelán celebra o crecemento da campaña, que chega este ano a un centenar de concellos  


Participan todas as deputacións de Galicia, salvo a de Ourense de Manuel Baltar



Varias empresas instalaron na Praza do Obradoiro unha exposición retrospectiva das campañas que o Concello de Santiago levou a cabo desde a súa primeira edición en 2015, 'En negro contra as violencias machistas --En negro contra as violencias machistas--', facendo seu o lema desta iniciativa que alcanzou xa o centenar de municipios de toda Galicia.



Triangulo obradoiro



Precisamente, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, celebrou este dato e, acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, recibiu a representantes das empresas colaboradoras --Finsa, Fundación Paideia, Castrosúa e Gadisa--.

A eles, agradeceulles a súa colaboración nunha nova edición da campaña que tingue de negro as rúas compostelás, antes de visitar a exposición aberta ao público.

Ante os medios de comunicación, Noriega valorou positivamente a expansión dunha campaña que naceu en 2015 e que chegou a máis dun centenar de concellos. "A xente foina facendo propia, cunha resposta viral nas redes" e destacou o "compromiso" de colectivos, entidades, institucións e veciños".


Noriega recibe a representantes das empresas que participan na campaña

AS EMPRESAS "FAN SÚA" A CAMPAÑA
Agradeceu ao tecido empresarial "que decidise facer súa" a campaña e a contribución económica que levan a cabo diferentes empresas.

Noriega insistiu en que "é un discurso unánime contra un dos problemas principais da sociedade" e lembrou que a campaña "xa non é só das entidades, senón que é do conxunto da cidadanía".

A concelleira Marta Lois foi a encargada de explicar as accións de respaldo de cada unha das compañías presentes no Pazo de Raxoi. Así, detallou que a instalación da Praza do Obradoiro corre a cargo da madeireira Finsa, e lembrou que pola liña 1 do transporte público compostelán circula un bus tinguido de negro "con mensaxes impactantes" sobre a violencia de xénero.

A campaña, segundo explicou Lois, "ten como obxectivo colocar na axenda política a vontade pública de erradicar as violencias machistas". "A campaña foi crecendo e xa é un referente en todo o territorio", concluíu.

Por último, a coordinadora da mesa de igualdade en Finsa, Pilar Rodríguez, dixo que a madeireira apoia a campaña porque "é un tem "ten como obxectivo colocar na axenda política a vontade pública de erradicar as violencias machistas" a que incumbe e afecta a todos". "As empresas temos que estar e visibilizar o problema da loita contra a violencia machista".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE