Unha avaría corta a emisión en directo da TVG
Unha avaría técnica nun control central da cadea públca impide emitir a súa programación en directo, polo que se viu obrigada a recorrer á emisión de contidos gravados.
Unha avaría técnica nun control central da cadea públca impide emitir a súa programación en directo, polo que se viu obrigada a recorrer á emisión de contidos gravados.Desde a cadea autonómica traballan para recuperar o servizo.
Segundo informaron a Europa Press fontes da TVG, os técnicos traballan para tentar recuperar a emisión en directo, pero nestes momentos non se pode garantir que salga ao aire a edición deste xoves de 'A Revista', ás 12,30 horas.
Debido a esta avaría, a TVG xa non puido emitir esta mañá o informativo 'Bos Días'. Segundo un comunicado emitido pola cadea, "todos os efectivos traballan sobre o problema para poder volver emitir desde San Marcos en directo canto antes".
"Mentres non se solucione a incidencia, a CRTVG ofrecerá contidos de entretemento. Toda a información segue ao minuto na Radio Galega, na web crtvg.gal e nas redes sociais da CRTVG", finaliza o comunicado.
Escribe o teu comentario