A Igrexa critica o Halloween e reivindica o "Holywins"

A Diocese compostelá reivindica "o carácter relixioso" da festa de Todos os Santos.


|

A Diocese compostelá reivindica "o carácter relixioso" da festa de Todos os Santos.



Samain


Nun comunicado, subliña que, durante os últimos anos, "os intereses comerciais han transformado radicalmente o significado do antigo costume anglosaxón de Halloween" ("All hallow's eve"), palabra proveniente do inglés antigo e que significa "véspera de todos os santos".


"Pasou de ser unha festa cun sentido estritamente relixioso a converterse na celebración da noite do terror, das bruxas e as pantasmas. Un entroido adiantado no que prima o comercial sobre o seu significado primitivo", lamenta.


Por iso, desde a Delegación diocesana de catequese convidan a "recuperar o verdadeiro sentido" da noite do 31 de outubro, véspera da Festa de Todos os Santos, para que se converta na noite de 'Holywins' ("a santidade vence"), e festexar así con nenos e mozos "a chamada universal de todo cristián á santidade".


Con tal fin, expón varias iniciativas que poden realizarse "en familia, en comunidade, na parroquia e na catequese", que inclúen actividades de cociña, lectura e teatro ou debuxo, entre outras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE