A FEGADACE denuncia a “falta de coordinación” no Día Mundial do Ictus

Un estudo da Federación Galega de Dano Cerebral revela deficiencias na coordinación dos servizos sanitarios e do ámbito social para atender ás persoas afectadas por un dano cerebral adquirido.


|

Un estudo da Federación Galega de Dano Cerebral revela deficiencias na coordinación dos servizos sanitarios e do ámbito social para atender ás persoas afectadas por un dano cerebral adquirido.


Ictus rehabilitacion enfermidade

Unha sesión de rehabilitación


Un informe da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) revela que para o 78% das persoas afectadas por un ictus o principal obstáculo co que se enfrontaron para acceder ao proceso de rehabilitación foi o descoñecemento ou a falta de información, provocado polas falta de coordinación dos servizos sanitarios e do ámbito social. Ademais, o 31% tamén se queixa dos trámites burocráticos para acceder a ese servizo e un 13% sinala ás barreiras económicas como un factor diferencial.


Así o denuncia FEGADACE na celebración do ‘Día Mundial do Ictus’. O estudo tamén se fai eco de que o 85% das persoas dadas de alta por un ictus alegan que non recibiron información sobre o servizo de traballo social do seu municipio, evidenciando a falta de dispoñibilidade de información nos hospitais sobre as necesidades sociais.


O estudo desenvolveuse coa intención non só de determinar o coñecemento que a poboación afectada por un ictus ten sobre a súa enfermidade, senón tamén medir a cobertura das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, sendo o ictus a enfermidade que provoca o dano cerebral adquirido na maioría de casos. No estudo, ademais de FEGADACE, colaborou a Sociedade Galega de Neurología e contouse co apoio da Fundación Barrié e a Fundación Roviralta.


As principais conclusións do estudo son relativas á desorientación e falta de información que sofren moitos pacientes e familias con respecto á enfermidade, consecuencias e perspectivas de recuperación. Así, a plataforma denuncia que a rehabilitación se centra no dano físico “obviando os danos cognitivos, picologicos e emocionais, fundamentais na recuperación”, sinala o comunicado, onde se relatan as “enormes carencias” da atención despois da hospitalización. Como exemplo, ao 45% das persoas do estudo que sufriron un ictus non se lles recomendou un proceso de rehabilitación.


O estudo tamén fai fincapé en que, aínda que o servizo de urxencias funciona de forma satisfactoria, a rehabilitación é tardía, cando debería ser inmediato e que en caso de e que en varios casos os pacientes non tiveron acceso aos servizos de rehabilitación necesarios. Do mesmo xeito, sinalan “a urxente necesidade de contratar máis persoal nas áreas de rehabilitación”.


Doutra banda, os enquisados mostran un alto grao de satisfacción no referido á súa estancia e atención no hospital, e tamén se mostra un alto grao de coñecemento da enfermidade por parte dos pacientes, o que beneficia a rápida identificación da doenza e en moitos casos pode ser un factor decisivo á hora de minimizar as consecuencias da enfermidade. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE