Antonio Golpe, terceiro candidato nas primarias socialistas
O portavos da executiva do PSOE en Ferrol a anunciará este xoves de forma oficial o seu intencion de presentarse ás elecicones primarias. Compite con Anxo Mato e Germán costoya e o gañador será o elixido para aspirar á alcaldía ferrolá.
O portavos da executiva do PSOE en Ferrol a anunciará este xoves de forma oficial a súa intencion de presentarse ás elecicones primarias. Compite con Anxo Mato e Germán Costoya e o gañador será o elixido para aspirar á alcaldía ferrolá.
Antonio Golpe xunto a Beatriz Sestayo
En declaracións a Europa Press, Golpe explicou que decidiu dar o paso para que a corrente que representa dentro do PSOE, Esquerda Socialista, poida ser unha opción para encabezar a lista da agrupación que lidera Beatriz Sestayo, de cuxa executiva forma parte Golpe.
Deste xeito, Antonio Golpe convértese no terceiro socialista ferrolán que se presenta a este proceso interno, no que tamén se postularon o senador Anxo Mato e o edil Germán Costoya.
Aínda que Golpe pactou co equipo de Beatriz Sestayo na asemblea na que a que fose deputada autonómica impúxose por un voto a Anxo Mato e revalidou a secretaría xeral tolal. Con todo, agora decidiu dar o paso e convértese nunha terceira opción tendo en conta que Costoya é o candidato máis afín á líder local.
Antonio Golpe é traballador público no Hospital Arquitecto Marcide, centro no que tamén é representante sindical e forma parte da xunta de persoal. Ademais, xa foi edil do PSOE entre os anos 1991 e 1995 no Concello de Ferrol.
Escribe o teu comentario