Vodafone-Ono denunciada ante a Axencia de Protección de Datos polos seus SMSs
Varias asociacións de consumidores e internautas denuncian a Vodafone-ONO ante a autoridade que persegue os abusos contra a privacidade por "práctica de SPAM" a través de SMS.
Varias asociacións de consumidores e internautas denuncian a Vodafone-ONO ante a autoridade que persegue os abusos contra a privacidade por "práctica de SPAM" a través de SMS.
Captura dun SMS promocional de Vodafone / GSMSPAIN
A denuncia leva a rúbrica da Plataforma pola Seguridade e a Privacidade Dixital. Está integrada por varias asociacones de consumidores, entre elas a galega UCGAL, a Asociación de Internautas e ADECES.
QUE DI A LEI?
Estes colectivos critican "o envío masivo e reiterado de comunicacións electrónicas vía SMS por parte de Vodafone-ONO" e lembra que, segundo a Lei, estes envíos "deben ser solicitados ou expresamente autorizados polos destinatarios das mesmas".
Os denunciantes argumentan que o uso de ligazóns "NON + Publi" non é suficiente para lexitimar a falta de consentimento expreso. A Lei permite excepcións para os clientes con contrato, pero só comunicacións referidas a produtos similares aos que figuren nese contrato.
Segundo a denuncia, Vodafone-Ono leva desde agosto saltándose a norma, sendo a última comunicación de outubro. Piden á Axencia que impoña unha sanción grave. A operadora aínda non respondeu publicamente ás acusacións, lanzadas esta mañá.
Escribe o teu comentario